Acabamos de recibir na biblioteca o último premio de Literatura Xuvenil O único que queda é o amor de A. Fernandez Paz. Como o mesmo Agustín anuncia nalgunhas das súas historias, nunca sabemos até que punto un pequeno acontecemento cotián pode darlle a volta ao día ou mesmo facer mudar a nosa vida enteira. O noso carteiro, que chama á nosa porta todas as mañás ás doce, porque sabe que sempre estamos, aínda ignora que, pola súa intercesión, estou agora a tentar comunicarlles unha mínima parte da grandísima emoción que me invade trala lectura atenta e compulsiva do último libro de Agustín Fernández Paz. Coñeciamos o título desde hai semanas, faláranos del e mesmo colocaramos no noso escaparate un vídeo cun dos relatos que o compoñen lido polo autor. O carteiro tamén descoñece que unha vez pechada a porta abrín o paquete e comecei a ler até que o remateiTémolo á vosa disposición para levárdelo nas vacacións de Nadal.
Filed under: libro do mes | Tagged: Amor, Literatura xuvenil

gustoume moito